Vigo al minuto

A ‘Festa da Cultura’, o venres e sábado, na Porta do Sol

SirenoA sexta edición da Festa da Cultura chega o venres 24 e o sábado 25 de xullo á Porta do Sol coa actuación de máis de 20 grupos das entidades que conforman este colectivo. Entre estas bandas, haberá grupos de gaitas, charangas, grupos de baile moderno, danza tradicional, bandas de música, grupos de acordeóns e animacións para nenos, a cargo de ‘Barafunda’.

O concelleiro Javier Pardo, acompañado polo organizador, Roberto Giraldel, presentou este mércores “unha iniciativa cultural que xa está arraigada” e invitou “a todo Vigo” a disfrutar dunha festa na que van actuar máis de 600 artistas.

O concelleiro Javier Pardo, na presentación, este mércores
O concelleiro Javier Pardo, na presentación, este mércores

Polas noites, e a partir das 10, será a quenda dos concertos. O venres, día 24, soarán os grupos locais ‘El pelotón de los torpes’, ‘Vatapá’ e ‘The Soul Jacket’. O sábado, 25, á mesma hora, subirán ao escenario a banda de gaitas ‘Xeremíes del Soller’ (Mallorca), a ‘Banda de Gaitas Falcatrúa’ (Galicia) e a ‘Banda de Gaitas Villa de Candás’ (Asturias). O resto do programa, comezará ás 6 da tarde do venres, mentres que o sábado alongarase todo o día, dende as 11 da mañá.

También te puede interesar