150 hectáreas arrasadas no lume da Baixa Lima-Serra do Xurés

LumeO incendio que empezou o mércores no concello ourensán de Calvos de Randín, e que afectou ao parque da Baixa Lima-Serra do Xurés, quedou apagado este domingo logo de queimar 150 hectáreas, un cento delas de monte arborado.

Para acabar co lume foron precisas 30 brigadas, 16 motobombas, 8 avións e 7 helicópteros.

Medio Rural informa, ademáis, da extinción do lume forestal rexistrado na parroquia de San Clodio, no concello lucense de Ribas de Sil.

Este incendio quedou extinguido pasadas as 5 da tarde deste domingo, logo de iniciarse as 9 e cuarto da noite do venres. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 23,3 hectáreas arboradas e 22,38 rasas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 6 axentes forestais, 25 brigadas, 10 motobombas, unha pa, 5 helicópteros e 3 avións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.