RGPD - Cookies

Concentración no MARCO para denunciar o asasinato de Beatriz e Sergio, en Arbo

A concentración para rexeitar e denunciar o asasinato de Beatriz e Sergio, a parella de Arbo, este luns pola tarde no MARCO/Tresyuno Comunicación
A concentración para rexeitar e denunciar o asasinato de Beatriz e Sergio, a parella de Arbo, este luns pola tarde no MARCO/Tresyuno Comunicación

Ducias de persoas, entre elas o alcalde de Arbo, Horacio Gil, e membros da Corporación, atenderon este luns o chamamento da Coordenadora Local da Marcha Mundial de Mulleres, e concentráronse diante do Museo de Arte Contemporáneo, en Príncipe, para denunciar e rexeitar o asesinato de Beatriz Rodríguez e a súa parella, Sergio Rodríguez, o venres en Arbo.

A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Linguística, Uxía Blanco, de costas, únco membro do Goberno local na concentración/Tresyuno Comunicación
A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Linguística, Uxía Blanco, de costas, únco membro do Goberno local na concentración/Tresyuno Comunicación

“Con ela sumamos outra muller máis en Galicia, no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas”, subliñou o comunicado da Marcha Mundial das Mulleres.

O ano 2014 rematou con 51 mulleres asasinadas polas súas parellas ou os seus fillos/Tresyuno Comunicación
O ano 2014 rematou con 51 mulleres asasinadas polas súas parellas ou os seus fillos/Tresyuno Comunicación

“Que a indignación de toda a sociedade rexeite este cruel asasinato e denuncie a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo”.

También te puede interesar