Vigo al minuto

A Marea de Vigo rexistra unha moción para investigar os procesos xudiciais abertos no Concello

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal de A Marea de Vigo/Tresyuno Comunicación
Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal de A Marea de Vigo/Tresyuno Comunicación

A Marea lembra que o Artigo 51 do regulamento orgánico do Pleno do Concello permite por solicitude dun grupo municipal ou do alcalde a constitución de Comisións Especiais que permitan “constituír, en calquera momento, para un asunto concreto cos fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, co ámbito de actuación que se estableza no seu acordo de creación.”

Para a Marea de Vigo, “non pode darse unha situación de oscurantismo no Pleno de situacións como as vividas no Concello en datas recentes, cando os xulgados de instrucción nº 7 e o número 1 iniciaron sendas operacións de investigación sobre presuntos delitos de contratación ilícita” que significaron que a Unidade Contra o Crime Organizado (UDYCO) realizara rexistros en dependencias municipais e incautara unha gran cantidade de documentación sobre contratos con empresas de servizos.

Para o grupo municipal de A Marea, a día de hoxe, o Pleno descoñece qué documentación foi requisada, de qué departamentos, qué información contiña e “cales son as bases da imputación dun concelleiro desta corporación neste proceso xudicial”.

A moción rexistrada insta á constitución no Pleno do Concello dunha comisión especial de investigación sobre os procesos xudiciais abertos que teñen relación con concellerías e departamentos municipais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.