Galicia

O BNG está a facer xestións para garantir a seguridade e liberdade de Ana Miranda, apresada por Israel no ‘Marianne’

A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda
A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda

O Bloque Nacionalista Galego está a realizar xestións urxentes co Goberno do Estado, o de Galicia e a Unión Europea, para esixir a “seguridade e posta en liberdade” da eurodeputada nacionalista Ana Miranda e o resto dos activistas internacionales que van a bordo do ‘Marianne’.

O barco sueco, que ía a fronte da ‘Flotilla da Liberdade’, tiña previsto atracar no porto de Gaza, con material humanitario, e rachar o bloqueo israelí da costa de Palestina, cando foi abordado, esta noite, pola armada hebrea.

Miranda e o resto dos tripulantes do ‘Marianne’, viaxan “retidos e incomunicados”, segundo denuncia o BNG nun comunicado, con rumbo ao porto xudeu de Ashdod, onde parece que vaise negar a asistencia consular e que irán a un centro de detención militar.

Para o Bloque, “este asalto en augas internacionais vai en contra dos máis elentais principios do dereito marítimo internacional e é un acto de piratería”.

«Ante esta nova agresión por parte de Israel», para esta tarde están previstas concentracións, en toda Galicia, de condena desta acción israelí que «procura a impunidade da súa política xenocida nos territorios ocupados». En Vigo, a mesma será ás 8 da tarde diante do MARCO.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.