RGPD - Cookies
Galicia

‘Tamayazo’ na Deputación de Lugo: o alcalde socialista de Becerreá permite que a popular Candía sexa elixida presidenta

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá

Elena Candía-, recuperou a Presidencia da Deputación de Lugo para o Partido Popular-logo de 8 anos de xestión do socialista José Ramón Gómez Besteiro– Ainda que a suma dos deputados do PSdG -11- e BNG -2- superaba aos 12 do PP, a candidata popular foi designada presidenta do ente provincial logo de que o socialista Manuel Martínez, alcalde de Becerrreá, decidise votarse a sí mesmo e non ao seu compañeiro, Darío Campos, alcalde de A Pontenova, nomeado candidato polo Partido Socialista.

Deste xeito, Martínez, deu o goberno da Deputación ao Partido Popular en venganza por non ser nomeado candidato socialista debido á súa imputación por suposta malversación de fondos públicos.

O voto de Martínez por sí mesmo fixo que houbese un empate a 12 apoios entre a candidata popular e o candidato socialista, que quedou desfeito pola lei: neste caso regulamenta que sexa designado o candidato do partido que tivo máis votos na provincia nas Eleccións Municipais de hai un mes.

También te puede interesar