Arde LucusA décima edición da festa de exaltación romana Arde Lucus que se celebrará do 19 ao 21 de xuño na bimilenaria capital lucense, contará con máis de 260 actividades.

Aos pés da ponte romana, con actores caracterizados como centurións, foi presentada este martes a nova edición desta festa de exaltación do pasado romano da cidade de Lugo, que este ano terá un orzamento de 275.000 euros, 260 actividades, 63 delas novas, e agarda a máis de medio millón de visitantes.

Na festa, que arranca o 19 de xuño ás 5 da tarde, participarán os vinte colexios da cidade no desfile das tropas (romanas) pola rolda da muralla, haberá tamén 32 asociacións, novos escenarios, novos campamentos, un taller está a elaborar unha estatua dun romano que se vai colocar na ponte romana e que vai formar parte desta Vía XIX e do camiño Primitivo e da armazón turística e cultural da cidade.

Así mesmo, nesta celebración disporase de moeda, ao modo dos antigos denarios, como nas seis edicións anteriores cun valor de 2 €.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.