Galicia

22 palangreiros galegos poderán pescar os vindeiros catro anos en augas de Cabo Verde

BarcoA Comisión de Pesca do Parlamento Europeo aprobou, este mércores, o novo protocolo de pesca que permitirá a 71 barcos do continente- a meirande parte deles galegos- pescar durante catro anos en augas de Cabo Verde. O Pleno da Eurocámara ten que votar ‘sí’, aínda, ao acordo, seguramente o mes que ven, ainda que o novo réxime pesqueiro xa se aplica dende decembro pasado.

A flota comunitaria terá 71 permisos, especialmente para a pesca do atún, permisos polos cales a UE pagará unha compensación de 550.000 € anuais ata 2017 e 500.000 os anos 2018 e 2019.

Os permisos permitirán que 22 palangreiros galegos e 16 atuneiros cerqueiros conxeladores, con base en Euskadi e Galicia poidan pescar en Cabo Verde.

También te puede interesar