Ciencia y Tecnología

A presidenta do Parlamento de Galicia defende que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade

Ribeira Sacra/Tresyuno Comunicación
Ribeira Sacra/Tresyuno Comunicación

A presidenta do Parlamento de Galicia defendeu, este luns, a incorporación da Ribeira Sacra á lista de Patrimonio Mundial da Unesco como “valor universal excepcional pola súa riqueza artística, histórica e arquitectónica”.

Así o manifestou Pilar Rojo nun curso organizado en Santiago polo Valedor do Pobo e a Universidade Internacional Menénde Pelayo (UIMP) titulado ‘A Ribeira Sacra: Protección dunha paisaxe cultural candidata a Patrimonio Mundial’, que ata o mércores se desenvolve no Parlamento.

Rojo salientou que a Ribeira Sacra “ten riqueza artística, histórica, arquitectónica, ambiental, inmaterial, paisaxística e turística, tesouros que temos que protexer”, ao tempo que subliñou que o encontro organizado en Compostela permitirá “mellorar o coñecemento deste conxunto de recursos, pero tamén alcanzar unha nova posta en valor dos mesmo ante a opinión pública”, segundo sinalou o Parlamento nun comunicado de prensa.

También te puede interesar