Vigo al minuto

Retiran máis de 2 toneladas de lixo do fondo mariño da baía de Bouzas

Lixo4Arredor de cincuenta 50 persoas participaron este sábado nos labores de limpeza da superficie da Praia do Adro e na superficie da escollera do paseo e dos seus fondos mariños, en plena baía de Bouzas, no marco da ‘IX Xornada do Día da Asociación e do Medio Ambiente Mariño’ organizada pola Asociación de Marineros Artesanales y Deportivos San Miguel de Bouzas.

Lixo6Entre elas atopábanse unha dotación de Protección Civil distribuída no persoal en terra e nunha embarcación de apoio, mergulladores dos Bombeiros de Vigo, Montañeiros Celtas, da empresa de rescates subacuáticos Jet Galicia, do CEMMA e tres mergulladores voluntarios, amais, uns 35 voluntarios, entre os socios, colaboradores e simpatizantes da Asociación.

Lixo3A intervención de limpeza iniciouse á primeira hora de hoxe e finalizou sobre a 1 e media da tarde. O equipo loxístico de limpeza contou con tres embarcacións a motor e catro embarcacións tradicionais a remo para apoio dos mergulladores e un barco para sinalizar a delimitación da zona dos traballos, contouse tamén cos medios materiais necesarios cedidos polos Servizos de Limpeza e de Vías e Obras do Concello (contedores, carretillas, capachos, pas, cepillos e rasquetas) e tamén colaboraron a Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima de Vigo e da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños.

Lixo1Os limpadores empregáronse a fondo ao longo da escollera do paseo tanto na superficie como nos fondos mariños dos que retiráronse máis de 2.000 Kg de lixo composto de materiais diversos coma dúas vallas do peche da Zona Franca, artes de pesca en desuso, nasas, cabullería, madeiras, ferros, rodas, botellas, boias e bolsas de plástico, latas, rezóns, etc., nos que se acumulaban unha grande cantidade de seres vivos, motivo polo que, ao igual que o pasado ano, contouse, dentro da súa campaña de sensibilización para primar a vida do mar, coa colaboración dos técnicos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños, coa fin de rescatar o meirande número posible de seres vivos atrapados no lixo do fondo do mar para depositalos inicialmente nun viveiro expositor e devolvelos posteriormente ao seu hábitat.

Lixo5Durante a inspección dos fondos polos mergulladores, avistaron un pequeno veleiro e unha planadora fundidos que quedaron debidamente sinalizados para tratar de reflotalos e retiralos do mar o vindeiro ano.

También te puede interesar