RGPD - Cookies
Comarcas

Xosé Manuel Rodríguez e Eduardo Mariño, «o novo goberno de As Neves será por e para os veciños»

 

O nacionalista Xosé Manuel Rodríguez, que asumirá a Alcaldía, e o socialista Eduardo Mariño, que será o primeiro tenente de alcalde, durante a entrevista concedida a vigoalminuto
O nacionalista Xosé Manuel Rodríguez, que asumirá a Alcaldía, e o socialista Eduardo Mariño, que será o primeiro tenente de alcalde, durante a entrevista concedida a vigoalminuto

FOTOGRAFÍAS: TRESYUNO COMUNICACIÓN/“Un acordo que cumpre co mandato dos veciños”. Este é o argumento do nacionalista Xosé Manuel Rodríguez e o socialista Eduardo Mariño, para explicar o acordo ao que chegaron BNG e PSOE para formar goberno en As Neves.

Os dous coinciden en que se trata dunha indicación “crara” dos nevenses logo de 32 anos, case in interrompidos, de «xestión da dereita» no Concello, os últimos 12 dirixida por Raúl Emilio Castro.

Os obxectivos deste “goberno conxunto, cun so equipo de traballo”, serán a ampliación da participación dos cidadáns nas decisións muncipais, “queremos darlle a palabra aos veciños”; adoitar, inmediatamente medidas sociais que melloren a calidade de vida daqueles que máis o precisan, e aprobar novas ideas para conquerir a reactivación da economía de As Neves e a xeración de emprego.

“Imos cambiar o enfoque, a maneira de actuar, queremos crear un clima de confianza mutua e, sobre todo, un clima de confianza social”, comenta Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro nacionalista que será alcalde de As Neves.

“O interés das persoas, os seus problemas, o seu benestar, as súas necesidades, ese será o eixe da acción de goberno, porque ise é o que agardan de nós e porque estamos convencidos, porque nós somos uns veciños máis”, subliña Eduardo Mariño, o líder dos socialistas nevenses que ocupará a primeira tenencia de Alcaldía.

Para conquerir estos obxectivos, nos primeiros 100 días de goberno aprobarán que os Plenos sexan os sábados, non os días de diario, “para que poidan acudir os cidadáns”; empezarán a adoitar medidas para que o nomeamento dos alcaldes pedáneos se tomen nos consellos de cada parroquia e elaborar un regulamento de participación cidadá; plantexarán o traslado da Gardería a un lugar máis axeitado, ou impulsarán as primeiras medidas para a mellora do emprego, empezando por “saber en qué situación está realmente a PLISAN neste momento”.

saludo

“O interés das persoas, os seus problemas, o seu benestar, as súas necesidades, ese será o eixe da acción de goberno»

 

As negociacións levadas a cabo nestes, xa case, quince dias, indican os representantes de BNG e PSOE, “refundiron nun programa conxunto as propostas electorais de ambas organización” –que xa tiñan amosado confluencia no traballo desempeñado na oposición- e deseñaron un modelo de goberno e de Concello actuais e innovadores que, afirman, “aposta pola transparencia e a participación cidadá como ferramentas de impulso democrático”, ademáis, indican, terá como unha das súas directrices a de “fixar poboación, crear emprego, e dotarse de mellores e actuais servizos públicos”.

 

Pacto2“Imos cambiar o enfoque, a maneira de actuar, queremos crear un clima de confianza mutua e, sobre todo, un clima de confianza social”

 

A nova xunta de goberno- que reducirá o seu custe laboral nun 20%,  terá xuntanzas semanais e non quincenais como ata agora– estará formada, ademáis de por Xosé Manuel Rodríguez e Eduardo Mariño, por o nacionalista Óscar Gónzalez, que asumirá a segunda tenencia de Alcaldía.

No reparto de responsabilidades, os representantes do Partido Socialista asumen a área de Fomento –que abrangue Vías e Obras, Urbanismo e as competencias vinculadas a elas- Facenda, Muller e Sanidade, ademáis da primeira tenencia de Alcaldía e dúas concellarías; pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego, ademáis da Alcaldía, xestionará Servizos Sociais, Emprego, Industria, Participacion Cidadá, Turismo, Medio Natural, Ensino, Mociade, Novas Tecnoloxias, Cultura, Seguridade e Promoción Económica, en catro concellarías.

Se queres ver todo o acordo de Goberno preme aquí

También te puede interesar