Galicia

A Real Academia Galega ofrece un traballo de xornalista

Real Academia GalegaA Real Academia Galega convoca un concurso aberto para cubrir unha praza de comunicación. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude na sede da institución a partir do luns 15 e ata o xoves 25 de xuño de 2015. Unha vez remate o prazo de presentación de solicitudes, aprobarase a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada na páxina web www.academia.gal.

Os requisitos dos candidatos ao posto son: ter Licenciatura ou Grao en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual; acreditar competencia en lingua galega oral e escrita; ter como méritos formación e experiencia en xornalismo web; formación e experiencia en gabinetes e en comunicación corporativa; formación e experiencia en xestión de redes sociais; formación e experiencia en xestión cultural; experiencia en medios escritos e audiovisuais; coñecementos de edición; utilización e calidade da lingua galega e coñecemento doutras linguas.

O traballo é de xornada completa, cun contrato, prorrogable ata o 31 de decembro e un soldo de 1.250 €/mes

As funcións do elixido serán: a xestión do espazo web da RAG: elaboración e revisión de contidos para a web (produción, elaboración, redacción…); xestión da comunicación pública da RAG e das relacións cos medios de comunicación (elaboración e difusión de novas, convocatoria de roldas de prensa, entrevistas…); xestión do gabinete de comunicación da RAG; difusión das actividades da RAG a través dos medios de comunicación e das redes sociais; coordinación, elaboración e edición de contidos audiovisuais (web); coordinación, elaboración e edición de contidos dixitais (web); dinamización da presenza da RAG nas redes sociais; colaboración na organización e cobertura de actos públicos da RAG e apoio á organización de actividades da RAG.

Os interesados en optar ao posto deberán presentar en papel, na sede da RAG (Tabernas, 11- 15001 A Coruña), mediante entrega persoal ou envío por correo certificado, antes do  25 de xuño, a documentación acreditativa dos méritos, acompañarase dun resumo (máximo 1 folio) no que se fará constar: os datos de identidade e contacto por esta orde: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, lugar de nacemento, número de teléfono, correo electrónico, enderezo postal;  relación de título(s) académico(s) e relación de méritos alegados. Podes descargar, premendo aquí, as indicacións da convocatoria.

O 29 de xuño farase pública na páxina web da Academia a listaxe de persoas admitidas e excluídas.

También te puede interesar