Cultura

‘Ruta das Pedras’, sendeirismo por Ventosela, en Redondela, o domingo, 14 de xuño

Cartel_sendeirismo_RedondelaA Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración coa Concellaría de Cultura, continúa coa terceira das rutas  de sendeirismo por Redondela programadas neste trimestre. A actividade, desenvolvida por Faia Educación Ambiental, realizarase o domingo 14 de xuño cun percorrido que terá o seu inicio e remate na Casa da Cultura de Ventosela.

A ‘Ruta das Pedras’, cuxa lonxitude aproximada é de 10 km e de dificultade baixa, percorrerá parte da parroquia de Ventosela. As persoas participantes camiñarán por un percorrido, sinalizado xa hai anos pola Asociación de Veciños de Ventosela, a través de pistas forestais. O principal interese deste percorrido é litolóxico, dadas as singulares formacións rochosas presentes en todo o itinerario, e tamén paisaxístico.

O obxectivo fundamental desta proposta é o coñecemento, a visualización e estima da diversidade do territorio a partir do patrimonio natural e cultural. As rutas inclúen paradas curtas coas que se pretende informar sobre os ámbitos que cada zona nos ofrece, e inclúen o tratamento dos ecosistemas mareiros e boscosos, o coñecemento das especies vexetais que os conforman, o solo e a litoloxía ou o clima, no ámbito natural.

A parte social, cultural, histórica e económica abordarase a través do patrimonio inmaterial e material, onde salientarán a toponimia, o léxico singular e a arquitectura tradicional.

A ruta comezará ás 10 da mañá e está recomendada para maiores de 10 anos. Aconséllase estar no punto de partida quince minutos antes, con roupa e calzado cómodo e axeitado. A hora aproximada de remate será á 1 e media da tarde.

Para participar cómpre inscribirse, ata a véspera da actividade, a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 686 99 87 06. O límite de persoas para cada grupo é de 50. A inscrición é de balde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.