RGPD - Cookies
Galicia

326 rapaces saharauís pasarán o verán en Galicia

Sin título326 menores saharauís pasarán este verán en Galicia no marco do programa ‘Vacaciones en Paz’, ao que o Consello de Ministros deu a súa autorización este venres.

O programa Vacaciones en Paz 2015 traerá a 4.678 menores a España procedentes de campos de refuxiados, e son 135 nenos máis que en 2014. Os rapaces estarán acompañados de 210 monitores e permanecerán no país dous meses.

Deste modo, Galicia será a quinta comunidade co maior número de nenos a acoller, por debaixo de Andalucía (1.300); Cataluña (470); Castilla La Mancha (391); e País Vasco (350).

Este programa solidario permite a acollida temporal por familias españolas de menores procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís situados na provincia alxeriana de Tinduf, e dá a oportunidade a miles de nenos de gozar durante o verán dunhas vacacións en España e, logo, regresar aos seus lugares de procedencia.

O programa, que funciona como tal dende mediados dos anos 90, é xestionado polas asociacións de amigos do Pobo Saharauí en colaboración coa Delegación Nacional Saharauí e as delegacións saharauís nas distintas comunidades.

También te puede interesar