Deportes Vigo al minuto

O benxamin feminino do Seis de Nadal-Coia, subcampión de Galicia de baloncesto

gIMG-20150531-WA0041 (2)O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Sandra Solano e Laura Abraira, proclamouse Subcampión Galego da súa categoría na Fase Final da Liga FGB, disputada en A Estrada, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

O equipo vigués, disputou o sábado día 30 de maio o partido de cuartos de final ante Coreti Culleredo, partido que rematou cun marcado que reflexaba un 74-27 e que clasificaba ao Seis do Nadal Fem. para as semifinais. No partido de semifinais, o domingo día 31 de maio, o equipo enfrontouse ao CB Allariz Fem conseguindo unha nova vitora (64-45) e unha das dúas prazas na Final da Liga FGB Preminibásquet Feminina.

A final da Liga FGB enfrontou ao Seis do Nadal Fem e ao CB Arxil «A» (Pontevedra) nunha final cunha gran igualdade e que tivo que botar man dunha prórroga para romper o 55-55 que amosaba o marcador ao final do sexto período. Na prórroga o CB Arxil «A» tivo máis acerto no seu xogo conseguindo a vitoria final (60-69), proclamándose o equipo do Seis do Nadal subcampión galego despois de xogar un gran partido.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.