Cultura Video

Polas películas dobradas ao galego

BogartHai meses que a Asociación de Actores e Actrices de Dobraxe en Lingua Galega (APRADOGA), denunciou que a baixada nos orzamentos da televisión pública, en dobraxe, cantidades que pasaron dos 4 millóns de euros hai uns anos, a pouco menos de medio millón na actualidade.

Este recorte, non so pon en perigo un total de 400 postos de traballo, senon que, logo de 30 anos, a dobraxe ao galego erixiuse como instrumento fundamental da normalización lingüística. De feito, a Lei de Normalización Lingüística recolle entre as obrigas do Goberno de Galicia: o fomento da produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega. Tamén fai alusión ao uso do galego dos medios o Plan Xeral de Normalización Lingüística, e o propio Estatuto e a Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia.

Por este motivo, os dobradores en lingua galega seguen coas súas reivgindicacións- que xa chegaron ao Parlamento de Galicia- nesta ocasión cun vídeo no que denuncian a súa situación e do que faise eco vigoalminuto.

También te puede interesar