Galicia

A AP-9 ingresará máis de 9.500 millóns de euros ata a finalización da concesión da autoestrada no ano 2048

Peaxe Redondela-Vigo/Tresyuno Comunicación
Peaxe Redondela-Vigo/Tresyuno Comunicación

Nun máis que recomendable artigo en Praza Pública, o noso compañeiro David Lombao fai unha descripción exacta do que é o negocio da AP-9 en Galicia. Como siala, a súa concesionaria ingresará case 260 millóns de euros ao ano polo uso que facemos da autoestrada. “É a cantidade media que Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A (Audasa) prevé obter ata o remate da súa concesión, que non se producirá ata o 18 de agosto de 2048, en virtude da prórroga aprobada polo Goberno de José María Aznar no ano 2000”.

Lombao subliña que, segundo a concesionaria da Autoestrada, “a AP-9 ingresará ata 9.561 millóns de euros por portaxes ata o remate da súa concesión” e, indica, para determinar esta “magnitude” a compañía estima que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) subirá a unha media anual do 2% e manexa, asemade, “hipóteses de crecemento do tráfico” na infraestrutura.

También te puede interesar