Cultura

‘A Esmorga’, de estrea, este venres, en todo o Estado

Os protagonistas do filme, Miguel de Lira, Karra Elejañde e o vigués Antonio Durán 'Morris', nun fotograma da cinta
Os protagonistas do filme, Miguel de Lira, Karra Elejañde e o vigués Antonio Durán ‘Morris’, nun fotograma da cinta

A película ‘A Esmorga’, na que participan Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG, estrearase este venres nas salas de cinema en Madrid, Cataluña, Euskadi, Pamplona e Palma de Mallorca.

Nun comunicado, a productora subliña que, «tras o éxito» alcanzado nos cines galegos, producirase a estrea a nivel estatal «precedido dunha ambiciosa campaña publicitaria e unha intensa campaña de promoción», indica en alusión tanto ao director, Ignacio Vilar, como os tres protagonistas, os actores Karra Elejalde, Miguel de Lira e o vigués Antonio Durán ‘Morris’.

A campaña de promoción coincidiu co lanzamento da edición en castelán da novela, na colección Mar Maior de la Editorial Galaxia, por parte de Pilar Sampil e Manuel Rivas en Madrid, e de Francisco Castro, da editorial, en Barcelona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.