O Goberno Galego afirma que este ano, coa súa financiación, os concellos contratarán a 1.000 perceptores da Risga

Exclusión-socialA conselleira de Traballo e Benestar subliñou este mércores que o Goberno de Galicia puido responder na última convocatoria para 2015 ás solicitudes de 205  concellos de “distinta cor política” pediron acceder á orde de contratación para perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) o cal posibilitou que aumentasen ata 1.000 as persoas beneficiadas.

Beatriz Mato indicou que no anterior exercicio, cando se mobilizaron 5 millóns de euros e se cooperou con 120 concellos, foron 620 os perceptores beneficiarios. “Na actual convocatoria, ascenderán 1.000, logo de que a Xunta duplique o investimento ata os 10 millóns”, indicou a conselleira.

Mato afirmou que  a Xunta cando convocou a orde, todos os contratos terán unha duración de sete meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos.

También te puede interesar