Comarcas

A parroquia de Barcela, en Arbo, segue protestando contra a liña de alta tensión que pasará preto das casas

Cadaleiro na parroquia de Varcela, en Arbo
Cadaleiro na parroquia de Varcela, en Arbo

Hai menos dun ano, veciños de Arbo e de concellos portugueses fronteirizos desprazáronse a Compostela para protestar contra a construción dunha liña de alta tensión-de 400 quilovatios- que pasará preto de núcleos habitados.

Naquela ocasión os manifestantes chegaron ata a Praza do Obradoiro cun ataúde para facer visible o seu rexeitamento a este proxecto, daquela denunciaban, como agora, que a liña de alta tensión é “unha ameaza” para as súas vidas porque o electromagnetismo é prexudicial para a saúde das persoas.“Produce cancro, enfermidades cardiovasculares, deformacións xenéticas e demencia senil moito máis acusada”,

De novo, os veciños, repiten que non se opoñen á construción dunha liña destas características para conectar Galicia e Portugal, pero piden que se instale lonxe de zonas habitadas, porque “hai monte abondo”. Segundo o proxecto, en Arbo a liña pasará entre as parroquias de Sela e Barcela por un núcleo de vivendas, “a 10 ou 20 metros” dalgunhas delas.

As protestas continúan e aquel cadaleito está colocado agora na parroquia de Barcela para subliñar o rexeiramento a este proxecto e ás ocupacións de terras iniciadas por Rede Eléctrica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.