RGPD - Cookies
Galicia

Libera pide prohibir as granxas peleteiras en Galicia en cinco anos

GranxaA Asociación Animalista Libera esixe a prohibición total das granxas peleteiras en Galicia, onde se sitúa o 85 % das instalacións presentes no Estado. Para iso, propuxo unha moratoria de 5 anos cun imposto especial para a devandita industria.

A proposta susténtase na «necesidade de recadar o 25 % dos beneficios dun negocio tan inmoral como contaminante», cartos que poderían reiventirse na «reordenación dos lugares onde se situarán as granxas unha vez vetada a actividade», indica a asociación.

Libera considera que cinco anos «son máis que suficientes» para «garantir a saída das construcións» e a posible reconversión. «Os criterios económicos non deberían prevalecer sobre os éticos», subliñan os animalistas.

Segundo a asociación, a proliferación de granxas peleteiras en Galicia é a consecuencia da deslocalización de empresas europeas. «Países como Irlanda, Noruega ou Austria avanzaron en lexislacións contundentes», lexislacións que «supuxeron o desembarco de empresas estranxeiras en Galicia».

También te puede interesar