RGPD - Cookies
Galicia

O fiscal xefe de Galicia repite que hai «indicios de criminalidade» na actuación de Pachi Vázquez

Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación
Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación

O fiscal superior de Galicia repetiu este mércores, en declaracións aos xornalistas que cubrían  a súa entrevista coa presidenta do Parlamento de Galicia, que a Fiscalía ve «indicios racionais de criminalidade» nas actuacións de contratación do ex conselleiro e ex secretario xeral dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, cando ocupaba a Alcaldía do Carballiño. Fernando Suanzes Pérez insistiu en que a causa está «en fase de instrución» e que, por tanto, se analizará toda documentación que se reciba.

Pola súa banda, o avogado de Vázquez volveu a asegurar que existe documentación na casa do concello do Carballiño que “permanece oculta voluntaria ou involuntariamente» e que a mesma amosaría que as contratacións “non se facían arbitrariamente” cando Vázquez era alcalde.

O letrado considera que ainda é cedo para o procesamento e pediu ao Concello do Carballiño que entregue toda a información solicitada, para que se poida xulgar se existen ou non indicios desa prevaricación continuada que se lle imputa a Pachi Vázquez pola suposta contratación irregular de 37 persoas dende 1999 e, en especial, entre 2003 e 2005.

También te puede interesar