Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Cardama confirma que construirá catro barcos por un total de 70 millóns

Foto: http://www.astilleroscardama.com/
Foto: http://www.astilleroscardama.com/

O director xeral de Cardama confirmou este luns que  o astaleiro iniciará a construción de catro barcos por un importe total de 70 millóns de euros.

Logo do acto de presentación dun proxecto de I+D+i en Vigo, Mario Cardama indicou que os buques son un ‘multipropósito’ para Iraq, un remolcador para Mozambique, outro ‘multipropósito’ para Senegal, e un ferry para o goberno de Angola e que, en conxunto, suporán carga de traballo para uns dous anos.

También te puede interesar