RGPD - Cookies
Galicia

Extinguido o lume que queimou 12 hectáreas no Parque Natural de O Xurés

Foto: Felipe Carnotto
Foto: Felipe Carnotto

O lume que este martes afectou ao parque natural de O Xurés, queimando unha superficie de 15 hectáreas, quedou extinguido a noite pasada, segundo informa a Consellería de Medio Rural. Efectivos da loita contra incendios traballaron contra o mesmo dende que se delarara onte pasadas as 11 da mañá, na parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios.

O traballo das brigadas viuse dificultado polas rochas e a dificultade para achegarse por terra. Ao longo do día colaboraron nas tarefas de loita contra o lume un total de 6 helicópteros, 8 brigadas e 2 motobombas que controlaron o lume preto das 6 da tarde e acabaron coas lapas preto das 10 e media da noite.

También te puede interesar