RGPD - Cookies
Galicia

Extinguidos dous incendios, en Covelo e Rodeiro, que queimaron, en total 40 hectáreas

LumeA Consellería do Medio Rural confirmou que os dous incendios que se declararon este domingo, nos concellos de Covelo e Rodeiro, quedaron extinguidos nas primeiras horas deste luns.

Pasadas as 5 da mañá o da parroquia de Piñeiro, en Covelo, no que arderon máis de 20 hectáreas, e ás 2 da mañá o da parroquia de Riobó, en Rodeiro, no que as lapas queimaron a mesma superficie.

También te puede interesar