RGPD - Cookies
Galicia

Extinguido o incendio que arrasou 42 hectáreas en Ordes

LumeO incendio forestal iniciado en Ordes, pasadas as 2 e cuarto da tarde deste domingo, quedou extinguido preto das 7 e media. Segundo as últimas estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural, a superficie afectada alcanza as 42 hectáreas. Destas 42 hectáreas, 32 son de monte raso e 10 de monte arborado.

Nos traballos de extinción, na parroquia de Parada, participaron tres axentes forestais, oito brigadas, catro motobombas e catro helicópteros.

Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te puede interesar