RGPD - Cookies
Galicia

Dende este martes, Tráfico repite o Plan de Vixiancia de estradas secundarias

DGT-Pegasus-2A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) repite, dende este martes, o seu Plan Integral de Vixilancia en estradas convencionais que se realizou o pasado mes de decembro co obxectivo de reducir a sinestralidade neste tipo de vías.

Daquelas, tramitáronse 104.561 denuncias e 62.457 condutores foran multados por exceso de velocidade. Ademais, 1.284 condutores foron tamén denunciados pola comisión doutra infracción.

Durante esta campaña vixiarase a velocidade, o alcohol e drogas por ser os comportamentos de maior risco tanto por separado como combinados: o plan contempla a realización de controis de velocidade con radares móbiles que percorrerán, de forma intensiva, este tipo de vías nas que se producen o 80 % dos accidentes mortais.

Segundo explicou a DGT, cando un condutor sexa detectado cometendo unha infracción de exceso de velocidade, será parado e identificado. Os axentes da Agrupación de Tráfico tamén lle realizarán, se o consideran necesario, as probas de detección de alcohol e drogas, así como unha revisión da documentación, para comprobar que tanto o permiso para conducir, ITV e seguro do vehículo atopan en regra, ademais de comprobar que o estado xeral de mantemento do vehículo é o correcto para a circulación.

Neste Plan Integral de Vixilancia participarán as 1.800 patrullas de axentes previstas para actuación diaria e tamén os 12 helicópteros de que dispón a DGT, en misións de vixilancia e denuncia dos máis frecuentes factores de risco en estradas secundarias: adiantamentos antirreglamentarios, condutas temerarias, distraccións e excesos de velocidade. Seis das aeronaves da Unidade de Helicópteros da DGT equipan xa o sistema de radar Pegasus para a detección dende o aire de infraccións aos límites de velocidade.

También te puede interesar