RGPD - Cookies
Galicia

Convocadas 682 prazas de estadías formativas en inglés para alumnos galegos de ESO e Bacharelato

inglésO Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns unha convocatoria de 682 prazas de estadías formativas en lingua inglesa para alumnos galegos de ESO e Bacharelato: 590 para os primeiros e 92 para os segundos.

O prazo rematará o próximo 16 de abril (incluído). Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sufragará entre o 50 e o 87,5 % do custo das estadías.

O principal requisito é que os candidatos teñan unha cualificación mínima de 6 (ou ‘ben’) en inglés, ademais de aprobar todas as materias do curso.

Para facer o baremo, o Goberno galego empregará a nota media do expediente correspondente ao ano académico 2013/2014 e a renda per cápita da unidade familiar. Así mesmo, terá en conta se o estudante non foi beneficiado o ano pasado desta bolsa, se pertence a unha familia numerosa e se posúe un membro cunha minusvalidez superior ao 33 %, así como un pensionista de «grande invalidez», na súa unidade familiar.

Estas estanzas están programadas entre o fin do curso escolar e finais de agosto. Pola súa banda, as destinadas a Bacharelato terán unha duración dunha semana en réxime residencial, mentres que os estudantes da ESO disporán de dúas semanas. Non obstante, ambos os dous contan nos seus programas con profesorado nativo.

Os interesados poderán realizar a súa solicitude a través da páxina web da Xunta ou en www.edu.xunta.es/axudasle. É nesta última dirección á que terán que acceder para ver a publicación dos admitidos definitivos.

También te puede interesar