Galicia

A débeda pública galega foi o ano pasado de 9.961 millóns, o dobre que cando Feijóo chegou á Presidencia do goberno galego

O presidente FeijóoA débeda pública galega situouse a finais de 2014 en 9.961 millóns de euros, o que supón un aumento do 1,48% con respecto ao terceiro trimestre e do 8,13% en relación co ano anterior, polo que representa o 18% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia.

Segundo os datos que publica este venres o Banco de España-que ten un gobernador nomeado polo Goberno do Estado- Galicia subiu dúas décimas o peso da súa débeda no cuarto trimestre en relación co terceiro, ao pasar do 17,8% ao 18%. En termos interanuais, en comparación con 12 meses atrás, a porcentaxe subiu 1,2 puntos, dende o 16,8% en que se atopaba a peche de 2013.

Se a comparación se fai con 2009, ano no que Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia do  Goberno galego, a contía global da débeda pública en Galicia multiplicouse por 2,05, dende os 4.859 millóns que se contabilizaban entón.

Tamén o que representa a débeda sobre o total da economía se dobrou: do 8,4% do Producto Interior Bruto, en abril de 2009, ao 18% de finais de 2014.

También te puede interesar