Vigo al minuto

A Marea de Vigo celebra primarias este sábado co seu candidato á Alcaldía xa decidido

Candidatos de A Marea, este xoves en Vigo
Candidatos de A Marea, este xoves en Vigo

A Marea de Vigo aspira a ter “suficiente maioría para gobernar na cidade” e levar a rexeneración democrática a un Concello no que “os veciños teñan capacidade real de decisión”. Así o dixo este xoves o que será o seu candidato á Alcaldía- xa que é o único que presentou a súa candidatura ás primarias- o actual coordinador local de Esquerda Unida (EU).

Rubén Pérez dixo que a Marea foi a “única candidatura de unidade popular que abriu o seu proceso a toda a cidadanía” e que o obxectivo que ten para as vindeiras Eleccións Municipais é o de “quebrar un sistema que ven de 1978 no que seguen al prácticas caciquiles”.

Ao seu xuizo, na actualidade, e en referencia ás investigación xudiciais que afectan ao Concello, neste hai unha “rede clientelar” que non é só propia desta Corporación, pero que “con Abel Caballero se evidencia de xeito desvergonzado”.

Hai que lembrar que a Marea de Vigo celebrará este sábado primarias abertas para ratificar o único aspirante a candidato á Alcaldía, e elixir a grande parte da lista de entre 19 persoas que se presentaron para integrar a candidatura. A votación, á que teñen dereito os asinantes do manifesto, celebrarase de 9 a 21 horas na cafetaría La Moreneta, no edificio do Colexio de Arquitectos.

También te puede interesar