Deportes

Éxito, en Covelo, do Torneo Deputación de Pontevedra de Patinaxe Artística

Covelo3Covelo acolleu este sábado o Torneo Deputación de Pontevedra de patinaxe, organizado polo Clube Covelo de Patinaxe Artística, o primeiro de 1ª categoría organizado este 2015.

Como xa é tradicional, o clube, un dos mellores de Galicia desta especialidade, conqueriu un bo resultado clasificándose nos primeiros postos en todas as categorías nas que participou.

O clube, que xa organizara en 2010 un Campionato de España que puxo ao concello no mapa deportivo de todo o Estado, salienta que estas competicións non serían posibles sen o concurso de “todos os nosos socios e colaboradores que traballaron moi duro para que todo fose, nunca mellor dito, sobre rodas”.

Covelo2O Covelo Patinaxe amosou, ademáis, o seu orgullo por “poder traer un grupo tan importante de deportistas á nosa comarca, chegados de toda Galicia, cos que compartimos unos inmellorables momentos”.

También te puede interesar