Vigo al minuto

Freiremar ten que pagar aos seus ex traballadores de Vigo un total de 5,3 millóns

Traballadores de Freiremar (arquivo)/Tresyuno Comunicación

A CIG calcula que Freiremar ten que pagar aos seus ex traballadores de Vigo-que foron despedidos dentro dun Expediente de Regulamento de Emprego (ERE), que a xustiza anulou– uns 5.300.000 €, sumando os salarios de tramitación e as indemnizacións.

Así o adiantou este venres, en Vigo, nunha rolda de prensa, un dos responsables do sindicato, Xosé Fernández Piñeiro, quen explicou que a plantilla reclama 1,7 millóns en indemnizacións e outros 980.000 €  de salarios de tramitación, en total, 2,68 millóns e, considerando que a CIG representa a metade dos traballadores, entende que a outra metade reclamará o mesmo e, en conxunto, suman máis de 5 millóns.

En opición da CIG, Freiremar ten recursos para afrontar este pago xa que vendeu barcos e licenzas de pesca por máis de 10 millóns de euros, e que ten outros activos.

Logo da declaración de nulidade  do ERE, e a proposta do xuíz  para que se indemnizase os empregados con 45 días por ano, a CIG confirmou que xa solicitou a execución de sentenza.

 

También te puede interesar