Vigo al día

Carmela Silva anuncia denuncias contra as persoas que pedíron no Pleno que explicara o suposto enchufe dun familiar seu no Concello

Carmela Silva/Tresyuno Comunicación

A tenente de alcalde asegurou este luns, no Pleno do Concello, que presentará unha “querela penal” contra aqueles que na xuntanza da corporación pediron explicacións sobre os supostos enchufes no Concello de familiares de concelleiros e cargos do Partido Socialista.

Esa foi a resposta de Carmela Silva aos berros de “¡Fala do enchufe da túa cuñada!”, durante o Pleno, de membros da plataforma Xuntos, da Asemblea Aberta de Coia e doutras asociacións-en referencia á investigación do xulgado sobre este asunto-.

Silva engadiu, dirixíndose ás persoas que protestaban, que entre elas había quen cometera ilegalidades urbanísticas e mesmo algún que tiña ducias de multas sin pagar.

 

También te puede interesar