Vigo al día

Nosa señora Abelina di Trevi preside o enterro do Meco

Nosa señora Abelina di Trevi/Tresyuno Comunicación

¡¡Aii o meu defuntiño, co feitizo que era!! O Meco 2015 acompañado por ducias de plañideiras, asistido espiritualmente por bispos, cregos e monxas recibiu sepultura este mércores en Vigo.

Chorando/Tresyuno Comunicación

O cortexo fúnebre saiu pasadas as 6 e media da tarde da Praza da Constitución, seguiu por Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e de volta á Porta do Sol, seguido por centos de personas que aproveitaron que, co enterro foise tamén a choiva, e ateigaron o centro de Vigo para despedir ao rei do Entroido deste ano.

Curas/Tresyuno Comunicación

Presidían a comitiva as autoridades eclesiásticas, unha peculiar representación da nosa señora de Abelina di Trevi, patrona das rotondas e dos barcos varados, á que o Meco sempre tuvo moita devoción, e as ducias de viuvas que deixa o finado, que ia exposto no cadaleito no medio do arrecendo a incenso.

Porta do Sol/Tresyuno Comunicación

Para [email protected] que non poideron disfrutar do Entriodo deste ano o mal tempo fíxolles un favor xa que o desfile das comparsas, que tiña que celebrarse o pasado sábado, suspendeuse polo choiva e será este domingo, día 22, ás 5 da tarde, asi que, tendo en conta que segundo as previsión de MeteoGalicia, o día estará seco e despexado, non teñen excusa para non participar no mesmo.

 

También te puede interesar