Galicia

Un 7% do orzamento da sanidade pública é para manter centros de saúde e hospitais e un 8,3% para concertos con servizos privados

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou para o próximo 19 de marzo unha manifestación en contra da «política de recortes, privatizacións e desmantelamento do sistema sanitario público» que está a facer o Goberno Galego.

O voceiro da Plataforma alertou de que na actualidade a Xunta so inviste un 7% de todo o orzamento da sanidade pública ao funcionamento dos centros de saúde e hospitais e máis de un 8,3% a concertos conm servizos privados.

SOS Sanidade Pública advirte de que dende 2009 recortáronse máis de 400 millóns da sanidade pública, reducironse 2.000 postos de traballos de persoal sanitario e pecháronse preto de 300 camas, ao que hai que engadir as 1.05 camas pechadas no verán e que ainda non están todas en funcionamento na actualidade.

Esto é o que levou ao “colapso dos servizos de Urxencias de todos os hospitais públicos de Galicia” ou o “incremento brutal” das listas de espera, hospitalarias e nos centros de Atención Primaria. Deste xeito, a agarda media para operarse en Galicia é de 83 días, “23 máis dos que a propia Xunta recoñece na Lei de dereitos e garantías dos cidadáns» para que unha persoa poida acudir á sanidade privada.

En atención primaria, a media de espera dun paciente pode ser de 7 días. «Nalgúns centros, nalgúns días, superáronse amplamente os 10 ou os 15″. «Iso supón o fin do obxectivo fundamental da Atención Primaria, que é garantir o acceso de todas as persoas que atopen enfermas o servizo público a través da porta de entrada que a rede de Atención Primaria», engadiu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.