Comarcas

O BNG de As Neves denuncia verquidos ao Uma por falta de mantemento do saneamento por parte do Concello

Segundo ven de denunciar o voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de As Neves, a falla de mantemento e control na rede de saneamento ocasionou varios verquidos que están a contaminar o ría Uma entre outros.

Segundo Xosé Rodríguez Méndez, actualmente, o saneamento da parroquia de San Pedro e parte de Santa Olaia de Batalláns remata directamente no río Uma, “a rede de sumidoiros está dereivando os residuos a antiga decantadora que non ten mantemento e filtra todo o que lle chega para as fincas anexas e o río que está a escasos 20 metros”.

A comprobación feita no lugar polo BNG indica que a parte do saneamento San Pedro e da zona de Portela non está conectada á  ‘mini depuradora’ de “Deputrans”,no lugar existen dúas arquetas ou pozos, “a arqueta 1 é a antiga que conecta coa decantadora e so ten esa saída, e a arqueta 2 que ten saída cara a Deputrans e entrada dende Santa Olaia, «tamén ten outra entrada que debería estar conectada coa arqueta 1 para recibir todo o que vai para o río pero o tubo remata debaixo de carretera PO402 sen establecerse a conexión”.

Rodríguez Méndez salienta que “este é o resultado da xestion do Partido Popular en As Neves, que non controla as obras nin fai o mantemento dos servizos provocando contaminación e innumerables multas medioambientais”.

O BNG comprométese a partir de maio, subliña o seu voceiro, de ter a responsabilidade de gobernar, “a revisar concienzudamente a realización das distintas obras e a manter correctamente a rede de saneamento do concello”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.