Vigo al minuto

Esquerda Unida aposta en Vigo por un acordo de esquerdas e, si non o hai, irá en solitario ás Municipais

Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida (EU) á Alcaldía de Vigo, chamou ao acordo entre os distintos movementos e plataformas da esquerda para que formalicen unha coalición que poida presentar unha candidatura unida nas vindeiras Elecións Locais de maio.

Pérez, nun almorzó con xornalistas, sinalou que ese acordo abranguiría a asociacións cidadás, ademási de moventos e plataformas , “que teñan certa representatividade” na cidade, e admitiu que o tempo para materializar ese acordo acábase e que, se non fose posible, Esquerda Unida iría en solitario as elecións.

O candidato de EU foi moi directo e admitiu que AGE -coalición que IU e Anova formaron para as autonómicas- «non fixo os deberes» ao non levar a súa fórmula, coa acadou ser a terceira forza política no Parlamento de Galicia, aos concellos.

Sobre o posible resultado das elecións, o coordenador de EU sinalou que o alcalde Caballero perdeu apoio na clase traballadora, ainda que pode compensalo con votos da dereita, logo de que o Partido Popular “decidise non loitar pola victoria en Vigo”-en alusión a súa candidata-. En calquera caso, salientou, o resultado pasa pola participación ao tempo que non desbotou a posibilidade dun acordo entre PP e PSOE sobre a Deputación de Pontevedra.

Sobre a base do programa de Esquerda Unida, co que cree que hai unha coincidencia con outras forzas e movementos, sinalou entre os seus obxectivos a volta a titularidade municipal dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, en mans de Aqualia, e o transporte colectivo, que xestiona Vitrasa. Ademáis, apostou por a elaboración duns orzamentos municipais participativos, o fin do sistema de contratación pública e das humanizacións, tal como están hoxe, que sustituiríanse por un plan de inversións elaborado por una Concellería de Obras forte.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.