Vigo al minuto

O alcalde pide á Xunta a cesión ao Concello da competencia exclusiva sobre o Lagares

O alcalde pediu este xoves ao Goberno de Galicia que transfira ao Concello as competencias exclusivas sobre o Lagares, coa súa correspondente partida económica xa que, salientou, Vigo ten  capacidade técnica, económica e a sensibilidade ambiental para asumila.

Abel Caballero, que esixiu que “este río que nace e desemboca en Vigo, sexa tratado como se merece», apostou por cambiar leis que permitan esta cesión, se fora preciso, para que esta «unha xoia medioambiental» sexa competencia exclusiva dos vigueses.

En declaracións aos medios no humidal da Bouza- coincidindo coa  de 100 alumnos de Primaria dos centros Virxe do Rocío e Seis do Nadal como parte dunha campaña municipal de divulgación e sensibilización polo Día Mundial dos Humidais- Caballero reinvindicou o dereito da cidade de manter «máis limpo» o Lagares así como poder sancionar «aos que agreden ao río».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.