Traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), fixeron este mércores, diante do Xeral unha ‘cacerolada’ en protesta pola «privatización» e «os recortes» en saúde na área sanitaria viguesa.
A secretaria da comisión de centro salientou que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) «está a experimentar con este área sanitaria», onde están aplicándose os “recortes máis fortes” e advertiu de que «isto non para aquí, vaise transmitir a outras áreas de Galicia».
María Xosé Rodríguez afirmou que “si o experimento de Vigo, se lle salgue ben ás empresas amigas do PP e á concesionaria, vaise repetir noutras áreas sanitarias», asegurou.
Os traballadores aseguraron que hai un auténtico proceso de privatización e desmontaxe da sanidade pública e que o mesmo suporá “o despedimento de grande parte de persoal estatutario e outros que van ser adscritos a concesionarias sen saber as condicións laborais que van ter no futuro».
A protesta tamén abragiu a oposición ás Unidades de Xestión Clínica, que están a poñer “en perigo real e inmediato”os servizos de Cardioloxía, Hemodinámica e Arritmias no Hospital Meixoeiro, mesmo baixo ameazas e intimidacións ao persoal para que voluntariamente se adscriban a estas».
Finalmente, tamén se están a mobilizar en contra de que o novo hospital de Vigo non vaia dispoñer dun laboratorio central, e polos «colapsos continuos» que se produciron e se seguen producindo nas Urxencias hospitais vigueses. Tanto é así que este martes a mediodía había 13 pacientes pendentes de cama no Meixoeiro e 20 no Xeral e hoxe mesmo no Meixoeiro, 11 persoas agardaban por unha cama nos corredores.
Os traballadores subliñaron que non deixarán de manifestarse: este mesmo xoves, no Meixoeiro, haberá unha nova ‘cacerolada’, o día 26 organizaron, ás 8 da tarde, unha protesta-‘velorio’ no Xeral, e xa o día 19 de marzo apoiarán a mobilización organizada por SOS Sanidade Pública.
