Vigo al minuto

O paro aumenta en 1.064 persoas en Vigo que volve a taxas de desemprego de 2013

Oficina de Emprego de López Mora/Tresyuno Comunicación

O número de parados en Vigo era, a finais do mes pasaso, o mesmo que a en 2013 logo de que o número de desempregados anotados nas oficinas de emprego da cidade aumentase en 1.064 persoas, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, difundidos este martes.

En toda a Área de Vigo o número de desempregados aumentou en 2.049 o 30% do que medrou o paro en toda Galicia o mes pasado- deixando o total de persoas que non atopan traballo en 64.582.

A destrución de emprego afectou, principalmente, aos Servizos, con 999 parados máis, pero tamén aumenta na construción e na industria. Tamén cae o número de contratos indefinidos e entre os temporais, segundo denuncian as centrais sindicais, os tipos de contratación “pasaron de ser de días a facerse xa por horas”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.