Galicia

Cidadáns presentará candidaturas en Santiago, Pontevedra, Ourense, Ferrol e Vigo

Cidadáns (C’s) concorrerá ás eleccións municipais en Compostela, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Ourense, entre outras localidades galegas, como Ames e Barbanza. Segundo informou a organización, a coordinadora de Cidadáns de Pontevedra, María Rey, anunciou este sábado que a formación concorrerá ás eleccións municipais do próximo mes de maio.

Tras recibir a aprobación do Consello Nacional do partido, María Rey, así como os outros coordinadores, apostou por «unha administración local máis transparente e participativa que estea ao servizo de todos os veciños e non duns poucos».

Ademais, nun comunicado de prensa, declarou que «a configuración das listas se realizará durante as próximas semanas mediante un proceso interno de eleccións primarias».

A eles sumouse a coordinadora de Cidadáns de Ourense, Nancy Santos, e o coordinador de C’s de Vigo, Modesto Comesaña; e a de Ferrol, Ana Masafret.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.