Galicia

Máis de 80 inidencias atendidas en toda Galicia, causadas polo temporal de chuvia e neve

O Centro de Atención ás Emerxencias, 112 Galicia atendeu, dende as 3 da tarde deste venres e as 6 da mañá de hoxe 84 incidencias relacionadas co temporal de chuvia e neve que está sobre Galicia. Moitas das intervencións foron por caída de árvores, pedras e terra nas estradas, ademáis de asolagamentos.

Por provincias, en Pontevedra atendéronse 29 emerxencias- en Moaña, Redondela, Marín ou Vigo– en A Coruña, 22, en Lugo, 19- como as de Xermade, Quiroga ou Begonte- e 13 en Ourense, aquí, no concello de A Veiga, na estrada OU-121, cortouse o tráfico e varios desprendimentos impediron o paso dun autobús e os seus pasaxeiros se trasladaron en taxi e coches particulares, coa axuda da Garda Civil e de efectivos do GES de Valdeorras.

En Guitiriz, a chuvia causou o derrubo dunha ponte, e houbo que cortar a estrada que vai de Partiñas a Acevedo. Ademáis, vixíase o aumento do caudal dos ríos Ladrada e Ladra en Vilalba, Parga, en Guitiriz, e o Arnoia en Baños de Molgas, o que fixo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activase o Plan Especial de Protección Civil.

 

También te puede interesar