Vigo al minuto

Feijóo anuncia unha invesión de 19,9 millóns para integrar e renovar os laboratorios clínicos de Vigo

O presidente do Goberno galego, anunciou unha inversión de 19,9 millóns de euros para a contratación de todo o material necesario para as técnicas analíticas da xerencia de xestión integrada de Vigo.

Feijóo informou de que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) terá dous laboratorios: un de urxencias 24 horas que, situado no novo hospital, permitirá «dar resposta inmediata a calquera tipo de demanda urxente», e outro central, que estará emprazado no Meixoeiro. Este último “será un dos grandes laboratorios automatizados de Galicia”, pois integrará os laboratorios actuais do Hospital Xeral-Cíes e o Meixoeiro.

«A área de Vigo contará cunha das tecnoloxías máis vanguardistas non só do sistema de saúde español, senón de todos os sitemas de saúde europeos», salientou o presidente, quen  reiterou o compromiso de poñer o novo hospital a pleno funcionamento en 2015 e dixo que o laboratorio de resposta inmediata do mesmo permitirá que se procese de forma urxente, nun prazo máximo de 24 horas, toda a demanda que se poida xerar a área sanitaria.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.