Video Vigo al minuto

Asemblea Aberta de Coia ratifica a denuncia contra o Concello pola colocación do barco en Coia

Representantes de a Asemblea Aberta de Coia acudiron este martes á Fiscalía de Vigo para ratificar a súa denuncia contra o Concello e a empresa ‘Civis Global S.L.’ pola colocación do pesqueiro ‘Bernardo Alfageme’ na rotonda de Alcampo.

Preto de 30 persoas achegáronse aos xulgados, na rúa Lalín, este martes pola mañá, para apoiar cunha concentración a ratificación da devandita denuncia que, segundo subliñaron, xa fora admitida a támite pola Fiscalía, que «abriu dilixencias de investigación penal polos supostos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias e malversación de fondos públicos», segundo a avogada da Asemblea.

Esther Lora engadiu que este martes tamén está previsto que se confirme se o xuízo contra Xurxo R.M., de 47 anos, membro deste colectivo, acusado dun presunto atentado contra un axente de Policía Local, durante o desaloxo da rotonda de Coia, celebrarase o vindeiro día 4 de febreiro.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.