Video Vigo al minuto

Bou Eva acolle en Vigo a representación de ‘Berlín’, baseada en cancións de Lou Reed

A Asociación Cultural Bou Eva de Vigo presenta este sábado (8 e media da tarde na rúa Tercio de Fora, 5 € a entrada) o espectáculo de música e teatro, ‘Berlín’, baseado en cancións do cantante e compositor de rock, Lou Reed. As Letras do compositor de Nova Iorque foron traduicidas polo profesor e músico Leo Fernández Campo que, xunto coa actriz Lara Rozados, fai posible a teatralización da obra, producida pola compañía composteláHisteria Teatro’.

A trama xira ao redor das vidas de Jim e Caroline, marcadas pola pobreza, a prostitución e as drogas, e a montaxe, que está dirixida por Chiqui Pereira, empezou a representarse en xuño do ano pasado na XIII Festa de Aniversario do Cineclube de Compostela, pasando logo por Ferrol, Pontevedra, Pontedeume, A Guarda e Ourense.

 

También te puede interesar