RGPD - Cookies
Galicia

54 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortes por accidente de tráfico

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 54 persoas debido a 36 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 18 incidentes.

A Central de Coordinación recibiu 41  avisos entre as 3 da tarde do venres e as 12 menos un minuto da noite deste domingo.

En 47 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións recibiron asistencia no lugar do sinistro sen necesitar traslado.

Pontevedra, con 18 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 13; Lugo, con catro; e Ourense, con un.

 

También te puede interesar