Asociación de Empresarios e Comerciantes Ambulantes de Galicia denunciou que o voceiro dos xitanos ‘zamoranos’ e pastor evanxélico, Luis León, actuou de “interlocutor” na “compra de nenos romaneses” polos que “se pagaba ata 10.000 €”.
Así explicouno a asociación nun comunicado, na que asegurou que levará á Fiscalía Superior de Galicia “esta trama seria a nivel internacional” na que “estarían implicados xente de Romanía, matrimonios xitanos zamoranos hospitais e matronas de Castilla e León”.
Os vendedores ambulantes indicaron que “supostamente, o interlocutor cos xitanos romaneses sería o encargado de negociar co outro interlocutor romanés e, ao mesmo tempo, cun terceiro, que sería o que daría a aparencia legal, mesmo falsificando partes asistenciais de nacementos que nunca existiron”.
Segundo sinalaron, esta denuncia que trasladarán á Fiscalía, chegoulles á asociación a través dunha “vendedora ambulante xitana galega que tiña posto na antiga Feira da Fronteira de Tui”. “Na denuncia que nos trasladaron mencionan a matrimonios concretos como receptores dos nenos e que a trama nacería no ámbito da Igrexa Evanxélica de O Porriño”, indican.