Galicia

40 oficinas de Abanca nas grandes cidades abrirán polas tardes desde o vindeiro luns

Dende este luns, 40 oficinas de Abanca abrirán de 4 e media a 7 menos cuarto da tarde, con todos os servizos a disposición do cliente,  o resto atenderán tamén aos clientes todas as tardes con servizo de cita previa.

Nun comunicado, a entidade financeira destaca que reforza así o servizo de atención que ofrece aos seus clientes polas tardes, ao adaptar o horario das súas oficinas ás demandas dos usuarios.

As 8 oficinas de empresas existentes en Galicia terán un horario diferenciado, ao non pechar ao mediodía de luns a xoves e con atención comercial de 8 da mañá a 7 da tarde, “este novo horario comercial fai posible dispoñer de máis tempo de atención ao cliente polas tardes e ofrecer unha atención máis personalizada, axustando o horario das sucursais ás necesidades dos clientes», di Abanca.

As 40 oficinas que abrirán ao público mañá e tarde están situadas nas principais cidades e cabeceiras de bisbarra nas que Abanca ten sucursal. En concreto, 26 atópanse en Galicia e 14 fóra. O horario de atención aos clientes destas sucursais será de 8 e cuarto da mañá a 2 e cuarto da tarde, de luns a venres e de 4 e media a 7 menos cuarto da tarde, de luns a xoves.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.