'Qué te cuentas?'

Unha anciá conduce 15 quilómetros en sentido contrario pola AP-9

Axentes da Garda Civil imputaron a unha anciá de 79 anos por un suposto delito contra a seguridade viaria por conducir 15 quilómetros en sentido contrario na AP-9, entre Ferrol e A Coruña.

Os feitos ocorreron o pasado venres preto das 8 da tarde: a muller foi interceptada polos axentes á altura do quilómetro 18 da AP-9, á altura do concello de Miño, tras percorrer 15 quilómetros en dirección Ferrol polo carril sentido A Coruña.

A muller xa chocara con dous vehículos antes de ser detida, ante o que alegou que se confundiu de entrada á AP-9 en Guísamo, ainda que decatouse do seu erro en pleno tránsito pola autoestrada, explicou aos axentes, polo que «optou por circular a gran velocidade para saírse canto antes, aproveitando que apenas había circulación», informa a Garda Civil nun comunicado, que engade que lle efectuaron o test de droga e alcol pero que arroxaron resultados negativos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.