'Qué te cuentas?'

O Concello inicia, con 230.000 €, un programa de mellora de medianeiras

O Concello porá en marcha un programa para mellorar medianeiras e outros elementos verticais con incidencias na vía pública, dotado con 230.000 €. A proposta pasa por embelecer con murais zonas visibles da cidade, o que se consiera nunha nova forma de humanizar e de combater o feísmo.

Na fase de execución deste plan prevé que se realicen, simultáneamente, na rúa actividades como obradoiros de pintura -tanto para nenos como para adultos-, performances ou proxeccións sobre tratamentos de medianeiras noutras cidades co fin de transformar a rehabilitación da medianeira nun evento social que servirá ademais para revitalizar o comercio.

O orzamento servirá para mellorar entre 15 e 20 medianeiras ainda que o vindeiro orzamento municipal incluirá unha nova partida para proseguir co programa.

Durante a actuación preparatoria, seleccionáronse os espazos e os artistas que serán elexidos pola Concellería de Patrimonio Histórico e Urbanismo, previo asesoramento dunha comisión técnica creada ao efecto.

 

También te puede interesar